Referencia: |
010020 |
Nomenclator: |
3200501 |
Coord. UTM: |
x: 601236 y: 4639628 |
Concello: |
Baltar |
Parroquia: |
ABADES |
Lugar: |
San Martiño dos Peros |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No lugar dos Cancelos atopamos este canastro mixto de granito e madeira. Presenta seis pés e tres tornarratos rectangulares de bordos redondeados. A cámara ten seis columnas e costais con doelas verticais, bastante recentes. O acceso a porta da cámara realízase por unhas toscas escaleiras de sillares de granito. Ten cuberta de tella plana con gardavento. Como decoración leva, cruz latina no frontal e pináculo piramidal na traseira, ambos motivos de recente factura.
En orixe, este canastro estaba en A Quintá, trasladouse a San Martiño no ano 2006.