Referencia: |
010040 |
Nomenclator: |
3200501 |
Coord. UTM: |
x: 600166 y: 4640632 |
Concello: |
Baltar |
Parroquia: |
ABADES |
Lugar: |
San Paio |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No lugar das Cortiñas atópase este canastro mixto sen soleira, asentado directamente sobre o terreo. Presenta seis pés de sección cuadrangular e aristados apoiados sobre bases rectangulares de tosca labra e diferente grosor segundo o desnivel do terreo. Ten tres tornarratos tranversais de forma rectangular coas esquinas redondeadas, un tornarratos por cada dous pés. A cámara ten catro columnas sobre grade e padieira de perpiaño; dous longos costais con doelas verticais de madeira, un deles con porta, e os penais con sendas portas tamén de doelas de madeira. A cuberta de tella plana a dúas augas con voadizo de cinc no penal e de tella nos costais.