Capela da Asunción

mapa ficha

Referencia:

010051

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 606338 y: 4644988

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Baltar

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela da Asunción

Descrición:

Pequena edificación con planta rectangular, paramentos de perpiaño, cuberta de tella do país a catro augas e pórtico dianteiro. A fachada principal, ten porta enreixada, flanqueada por dous vanos tamén enreixados, dispostos de xeito que parecen un todo, en forma de "T". A estrutura da fachada atópase alterada, tal e como reflexa o engadido de cemento da zona baixo a cuberta. O pórtico, de considerables dimensións, descansa sobre catro pilares de sección cadrada con moldura no seu tercio superior. A cuberta deste pórtico ten estrutura de madeira e tella.
 
A fachada traseira da capela adósase ao muro de peche do cemiterio. Orixinalmente o cemiterio atópabase no entorno da igrexa parroquial. Fai cen anos trasladouse ata este lugar.
 
Segundo as fichas do Ministerio de Cultura, a capela tería unha cronoloxía de finais do século XVI e comezos do XVII.
No libro 4.3.8 de Baltar no fol.63, visita do 26 de Agosto de 1856 aparece "...visito su Ilustrisima la capilla de Nuestra Señora de la Asunción contigua al cementerio, como en la de ayer visitó la de San Martín de Gomariz..."
 
 
DOCUMENTACION:
-A.H.D.OU.
    BALTAR
        Libro 4.3.8.(Libro de visitas)
-Ficha Inventario artístico.
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.

volver a búsqueda