Referencia: |
010112 |
Nomenclator: |
3200506 |
Coord. UTM: |
x: 599028 y: 4642837 |
Concello: |
Baltar |
Parroquia: |
TOSENDE |
Lugar: |
Tosende |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Reitorais |
Subtipo: |
Casa Reitoral |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
A Casa Reitoral de San Lourenzo de Tosende, atópase no lugar do Outeiro. Unha edificación de considerable tamaño con muros de boa sillería e cuberta de tella a dúas augas. Con planta baixa e un andar. Na fachada principal, dúas zonas diferenciadas, a zona de habitación do primeiro andar e zona da corte con portón de acceso ao patio interior.
A casa leva deshabitada dende os anos 70, por esta razón atópase invadida de maleza que ímpide acceder ao seu interior e mesmo facer a súa descrición.
Segundo unha veciña eran dúas casas. Unha empregábase como cociña cunha cheminea exterior. A outra tiña a vivenda no primeiro andar e a corte na planta baixa. Nunha das fachadas tiña unha solaina.
No interior había un gran patio onde estaba a "tapadeira dunha pía de pedra coa forma da cabeza e dos pés" que procedía da Fonte do Santo. Posiblemente pertencera a un sartego antropomorfo que se recolle na ficha de inventario da Xunta de Galicia como Sartego do Santo Vello ou Do Laspedo.