Referencia: |
010129 |
Nomenclator: |
3200507 |
Coord. UTM: |
x: 603263 y: 4642243 |
Concello: |
Baltar |
Parroquia: |
VILAMAIOR DA BOULLOSA |
Lugar: |
Vilamaior da Boullosa |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Vivendas |
Subtipo: |
Casa Vivenda |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No barrio da Corredoira, atópase esta vivenda cun peto de ánimas embutido nun dos seus muros. A casa presenta muros de perpiaño, planta rectangular cun só andar e cuberta de tella do país a dúas augas. Na planta baixa ten unha porta de acceso á corte e unhas escaleiras de pedra que comparte coa casa colindante. No andar superior, a pedra vai encintada en cor branca, agás o peto. Ten porta de acceso e balcón realizado con bloques de formigón e cemento, pintado tamén de branco cunha columniña e ventaniña de madeira pintadas de verde.
DOCUMENTACION:
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.