Referencia: |
010137 |
Nomenclator: |
3200501 |
Coord. UTM: |
x: 600691 y: 4641195 |
Concello: |
Baltar |
Parroquia: |
ABADES |
Lugar: |
Quinta, A |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Muíño |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Saíndo da Quintá pola estrada que vai cara a San Paio, ao pé dun regato, atópase este muíño de canle. Presenta planta rectangular, muros de cachotería e cuberta de tella plana a dúas augas. Na fachada principal ten porta con lumieira e pequeno ventanuco rectangular. A canle aberta está feita con laxes de granito, ten un primeiro tramo elevado para despois caer en pendente, e así conseguir que a auga tome forza ao entrar no muíño. Este último tramo vai pechado.
O interior está abandonado, o chan térreo de orixe, foi substituído por un de granito encintado con cemento, mantén o teito de madeira e conserva a moa, aínda que desmontada. No inferno, aínda hoxe se pode ver o rodicio e a tofeira.