Referencia: |
010157 |
Nomenclator: |
3200504 |
Coord. UTM: |
x: 609021 y: 4646019 |
Concello: |
Baltar |
Parroquia: |
NIÑODAGUIA |
Lugar: |
Niñodaguia |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Muíño |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Partindo do cruce da entrada do núcleo de Niñodaguía dirixirse cara Baltar. Percorrido aproximadamente un kilómetro, tomar o pirmeiro desvío á dereita. Avanzar uns 50 metros por esta pista de terra para xirar á dereita. Atravesar outros 50 metros para novamente desviarse á dereita. Continuando uns 500 metros de fronte a pista remata, deixándonos moi preto do muíño. Os derradeiros 30 metros transcorren por un pequeno carreiro.
Trátase dun muíño de canle realizado en cachotería con lumieria na porta de acceso e cuberta de tella a unha vertente. Na zona do inferno presenta dúas saídas para a auga.
A lovada atópase totalmente cuberta pola maleza. A súa estrutura orixinal alterouse, xa que se elevou a súa cuberta, pasando de ser a dúas augas a unha. Para isto, na fachada principal usouse cachotería mentres que na traseira bloques.