Xacemento Necrópole A Penediña

mapa ficha

Referencia:

010175

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 604655 y: 4645676

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Gomariz

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Necrópole A Penediña

Descrición:

Dende o núcleo de Gomariz dirixirse cara a antiga escola. Tomar un sendeiro en dirección oeste, con tramos aínda empedrados, que conduce cara a Serra (calzada de Gomariz cara a Serra 010168). Ao chegar a unha bifurcación, seguir cara a esquerda. O tramo final carece de sendeiros polo que debe de chegarse ao xacemento campo a través.
 
Localizáronse 4 sartegos escavados na rocha, tres deles antropomorfos. Nunha primeira rocha aparece un único sartego antropomorfo. Noutro afloramento hai unha tumba de forma trapezoidal, cunhas dimensións de 1´67 m de longo, cun ancho de 0´37 m (cabeza), 0'33 (medio corpo) e 0'26 (pes) e profundidade de 0'29m; presenta unha orientación L-W. Ao seu carón aparece o inicio dun rebaixe que conformaría unha tentativa abandoada. Presentaría igualmente unha orientación xeral en sentido L-W. Por último, no terceiro afloramento sitúanse 2 tumbas antropomorfas.  
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia: GA32005005.

volver a búsqueda