Igrexa parroquial de San Martiño

mapa ficha

Referencia:

020002

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 601038 y: 4648664

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Aguís

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa parroquial de San Martiño

Descrición:

Igrexa realizada en  perpiaño, de planta rectangular con sancristía á dereita (Libro de Fábrica 4.2.13, fol. 354, 1696 "100 rls e quartos losar la sacristia"; 4.2.10, fol 81,1821-29 "al maestro carpintero Antonio Garcia 200 rls por la obra de la sacristia, al cantero Pedro Loureyro 290 en que remato la obra de la sacristia, al mismo Loureyro 140 rls por la pared que mira al naciente") e cuberta a dúas augas con tella do país.
 
Na fachada principal ábrese unha portada con arco de medio punto moldurado coas doelas en resalte, e delimitado por molduras que imitan pilastras. Na parte superior deste arco, cornixa dobre embutida no paramento. A continuación tres canzorros, un enriba da cornixa e os outros dous, aos lados, no paramento. Remata con espadana de dobre arco, con dúas campás, coroada por un remate triangular agudo con arco central e cruz na cúspide.
 
A fachada lateral esquerda ten unha porta adintelada con arco de medio punto cegado. A súa esquerda atópase outro arco e porta macizada de maior tamaño. Un muro de cachotería, con remate troncocónico decorado cunha serie de cruces de granito, rodea o templo. Na súa cara interior, xusto en fronte da fachada principal adósase un banco corrido. O adro alberga o cemiterio, algunhas das súas lápidas adósanse á propio templo.
 
Aparecen referencias ao interior da igrexa, así no Libro de Fábrica 4.2.13, fol 33,1687 "se enlose la iglesia" e no fol.337,1692 "a los pedreros que losaron la yglesia" e no fol.180, 1758-94 "3082 rls al maestro cantero que valdosó la Yglesia...".
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico. Ministerio de Cultura.
-Ficha S.I.A.A.E. Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
   AGUÍS, San Martiño
     4.2.13. Libro de Fábrica (1682-1769).
     4.2.10. Libro de Fábrica (1738-).

volver a búsqueda