Referencia: |
020022 |
Nomenclator: |
3201201 |
Coord. UTM: |
x: 601543 y: 4649146 |
Concello: |
Os Blancos |
Parroquia: |
AGUÍS |
Lugar: |
Loureses |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No lugar coñecido como A Barrigosa atópase este canastro sobre pés, sen soleira apoiado directamente sobre o terreo. Presenta seis pés, con pedestais de laxes de labra irregular, de sección cuadrangular con rebaixes, tres tornarratos transversais rectangulares cos lados redondeados, englobando cada un deles dous pés; cámara con seis columnas, catro costais con doelas verticais e dous penais cunha porta, grade e padieira; cuberta de tella a dúas augas con beirado, pinche (ten pintado en negro "1929") e gardaventos. Fai uns cincuenta achábase noutro extremo da mesma finca desta vivenda.