Referencia: |
020026 |
Nomenclator: |
3201201 |
Coord. UTM: |
x: 601637 y: 4649341 |
Concello: |
Os Blancos |
Parroquia: |
AGUÍS |
Lugar: |
Loureses |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Esta fonte de manancial ubícase no lugar de A Filgueira. Realizada en perpiaño, presenta estrutura cúbica cun lateral adosado ao terreo. Cóbrese cunha gran laxe disposta de forma inclinada. Na base ten un rebaixe para a saída da auga. Accédese ao seu interior mediante catro chanzos de cemento. Na entrada colocouse unha porta de malla metálica como medida de protección. Nas súas inmediacións construíuse un gran estanque de cemento; un pouco máis abaixo ten outro similar.
Neste mesmo lugar, antes de chegar á fonte aparece un canastro. Só se conservan os pés de granito e a grade de madeira. Nun dos lados ten cepa con tornarratos rectangular cos lados redondeados, sendo este o seu soporte orixinal. Haberá uns sesenta anos, no outro extremo colocáronse dous pés con tornarratos rectangular cos lados redondeados. Tanto debaixo da cepa, como dos pés hai unha base rectangular de granito. Desplazouse varias veces dentro da mesma finca. Fai uns sete anos desplomouse.