Referencia: |
020074 |
Nomenclator: |
3201205 |
Coord. UTM: |
x: 605077 y: 4647997 |
Concello: |
Os Blancos |
Parroquia: |
GUNTÍN |
Lugar: |
Cuquexos, Os |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Forno |
Etapa Histórica: |
Indeterminada |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Este forno comunal encóntrase no lugar coñecido como A Lama. Realizado en cachotería, presenta planta rectangular coa parte traseira semicircular, lumieira na porta e cuberta de tella do país a dúas augas. O interior cun único espazo, alberga a capela coa borralleira, á que se adosa o tendal. Este atópase cuberto de palla, xa que é onde se estira a masa antes da súa cocción. Tamén aparecen variados utensilios empregados na elaboración do pan: o rodo, a vasoira e as xestas, e a pa; xa que na actualidade continúa en uso.