Capela de San Bieito

mapa ficha

Referencia:

020076

Nomenclator:

3201205

Coord. UTM:

x: 603175 y: 4648166

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

GUNTÍN

Lugar:

Guntín

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Bieito

Descrición:

Atópase saíndo do núcleo de Guntín en dirección aos Cuquexos, no primeiro desvío á esquerda. Concretamente no pequeno outeiro denominado O San Bieito.    
 
Esta construción, feita en perpiaño presenta planta rectangular co presbiterio lixeiramente máis baixo e estreito e cuberta de tella do país a tres augas. Atópase rodeada por un muro de cachotería cunha serie de chanzos para acceder á fachada principal.
 
A súa  portada é adintelada con lumieira, enriba ten un pequeno vano rectangular con inscrición numérica na parte superior. Remata cunha espadana dun só corpo con arco de medio punto, albergando unha campá, e coroada por unha cruz de granito.
 
No lateral esquerdo ten unha porta adintelada e na zona do presbiterio, no chan, un sartego antropomorfo. No paramento da fachada lateral dereita apréciase unha porta macizada, aliñada coa esquerda; na parte superior da zona do presbiterio ábrese unha ventá rectangular. Na fachada traseira, que se corresponde co presbiterio, nun dos seus sillares hai unha cruz gravada e pintada en cor negra.
 
A capela fíxose no século XVI e reformada no XVIII.  
 No libro de GUNTÍN 4.8.7., aparecen as seguintes referencias:
  fol.50v. Visita do 22 de Xuño de 1656:
 "Ay dos Hermitas una de nuestro Padre San Benito y la otra de San Pedro"
 fol.73v. Visita do 30 de Xuño de 1679.
 Volve a citar so a ermida de San Bieito.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
 -Inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico. Ministerio de Cultura.
 A.H.D.OU.
 GUNTÍN
 Libro 4.8.7.

volver a búsqueda