Referencia: |
020094 |
Nomenclator: |
3201206 |
Coord. UTM: |
x: 605284 y: 4648808 |
Concello: |
Os Blancos |
Parroquia: |
NOCEDO |
Lugar: |
Nóveas |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No lugar denominado A Fonte atópase este conxunto de fonte e lavadoiro.
A fonte atende á tipoloxía de fonte de manancial e está realizada en perpiaño. Presenta estrutura cúbica con cuberta plana coroada con cornixa e cunha peza triangular con inscrición numérica, cuxo vértice superior remata cun pequeno elemento romboidal. A continuación, aparece un estanque rectangular de granito, que nun dos seus lados longos, decórase cunha peza de forma rectangular cos lados rebaixados.
Por último, sitúase o lavadoiro de perpiaño e planta rectangular. Tres das súas paredes rematan en laxes inclinadas; na restante descansa unha peza rectangular coa data labrada. Nun dos lados, consérvanse parte das escaleiras de acceso.
O chan cubriuse con formigón elevándose así o nivel orixinal do chan e quedando inoperativos dous dos lados do lavadoiro e parte das súas escaleiras de acceso.