Xacemento Capela de San Verísimo

mapa ficha

Referencia:

020112

Nomenclator:

3201202

Coord. UTM:

x: 603339 y: 4651163

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

BLANCOS, Os

Lugar:

Ouvigo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Romano
 Xacemento Capela de San Verísimo

Descrición:

Este xacemento emprázase no medio do núcleo de Ouvigo, na ladeira oriental dun pequeno outeiro.
 
O complexo paleocristiano de Ouvigo descubríuno o Dr D. Antonio Rodríguez Colmenero no transcurso do verán de 1971 ó ser delegado, polo entón director do Museo Arqueolóxico, D. Jesús Ferro Couselo, para realizar o inventario artístico da Limia e a súa bisbarra. Notificado o achado, en 1972 efectúase a primeira escavación de urxencia, á que seguirán catro campañas máis entre os anos 1977 e 1981, que rematarán coa exhumación dunha necrópole e unha edificación de factura, segundo o seu investigador, claramente romana. Construída probablemente a finais do século IV ou comezos do V, definíuse dende o primeiro momento, coma un oratorio cristián de tipo rural, que pasaría dende a súa orixe por distintas fases constructivas e de ocupación.
 
A primeira realizada na segunda mentade do século IV, comprende un edificio construído con materiais reaproveitados de edificacións anteriores. Presenta planta dividida en dous ámbitos -ábsida e nártex- evidenciando funcións comunitarias cristiás. Asociados a estas estruturas e a outras posteriores exhumaranse tamén nunha estatigrafía revolta e pouco clara diversos materiais: teselas, mosaicos, estucos pintados de diversas épocas e numismas de difícil catalogación, polo que resulta arriscado chegar a conclusións definitivas sobre o seu uso.
 
Nun segundo momento, despois das invasións xermánicas, o edificio reconstruíuse de novo respetando a planta e os muros pero invertindo a súa orientación.          Segundo Colmenero, esta construción permanecerá en pé ata as invasións do século VIII. Coincidindo co afán repoboador de Afonso III, constátase un novo pulo como o demostran a cerámica e numerosas sepulturas, unha delas cunha lápida datada no 904. Por último, coa nova época de paz, despois das invasións de Almanzor, o lugar restablecerá plenamente a súa función relixiosa. Sen moitas modificacións na súa estrutura, a pequena igrexa, xa en plena etapa románica terá unha gran actividade como o testemuñan as numerosas sepulturas desta época e diversos obxectos litúrxicos, entre os que destaca unha píxide que na actualidade atópase no Museo Arqueolóxico Provincial.
 
Todos os materiais pertencentes ás distintas escavacións depositáronse no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
 
Existen toda unha serie de referencias en distintos libros de Santa María de Cobelas referidas á esta ermida. A máis antiga aparece no libro 4.6.10, no fol.66v.,1625 "el abad repare la hermita de san Verisimo digo el choro y hacabe de poner la Reja con su cerradura y haga una ymagen del santo martir".
 No libro 4.6.11. atópanse a seguintes:
 Fol. 13v,1640 "por quanto su monseñor asido ynformado que en el lugar de Obigo desta feligresia esta una hermita antigua de san Berissimo la qual es muy necesaria para la administracion de los stos sacramentos y esta muy aruynada por faltarle el techo y maderaje y las paredes y puertas muy mal tratadas [...] dichos feligreses reparen dicha hermita [...] y los que huvieren abierto puertas a la parte del adrio de la dicha hermita las cierren y pongan en la forma y manera que antes estaban y cerquen dicho adrio y le tengan siempre muy limpio y aseado".
 Fol. 16, 1641. Visita. "que las puertas de la hermita de san Berissimo se muden y pongan en la forma que antes estaban de manera que no entre por el sagrado ningun genero de ganado [...] y las personas que tuvieren puertas a dicha hermita las cierren".
 Fol.17,1642 "que la hermita de San Breyximo sita en dicha feligresia esta descubierta mando sumerced que los dichos feligreses [...] la cubran de terrones y caben de cubrir la capilla mayor y enllegando agosto la colmen"
  Fol 20 v., 1646. Visita. "que todos los que an abierto puertas de sus casas que correspondan al adrio de dicha Yglesia (Ouvigo) las tapen piedra y lodo
                                       que reparen a dicha hermita de tellado, a capilla maior e o corpo da hermida".
 Fol.27,1656 "tiene dos ermitas la una de la adbocacion de san Miguel en Villar y la otra de san Verisimo de Obigo.
  Fol. 68v,1679. Visita. "ay dos hermitas una de san Breyxemo y otra de san Miguel estan con decencia".
 Fol.171, 1735. Visita "ay dos hermitas una de San Andres y la otra de san Berissimo".
 No libro de  Visitas 4.6.8. aparece no fol.109,1769. Visita. "Ay dos ermitas una de Sn Miguel y otra de sn Versimo que estan decentes".
No libro 4.6.12. Fol.16,1830. Visita. "Hay [...] una ermita dedicada a San Miguel en el lugar de Cobelas y la otra dedicada a S. Berisimo sita en el lugar de Ouvigo, las cuales se hallaron en un estado de regular decencia".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA 32012006.
-Catálogo de yacimientos arqueológicos. Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
    COBELAS, Sta María de Vilar.
         4.6.10. Visitas (1578-1625). Fábrica (1567-1596).
         4.6.11. Visitas (1634-1750). Fábrica (1628-1777)
         4.6.8. Visitas (1769-1805). Primicias (1769-1800).
         4.6.12. Primicias (1808-1887). Papeis soltos.
 
BIBLIOGRAFÍA:
-RODRIGUEZ COLMENERO, A. "Excavaciones arqueológicas en Ouvigo", Blancos (Ourense). N.A.H.,24, 1985.
-VEIGA ROMERO, A. "Píxide de Ouvigo". Peza do Mes. Museo Arqueolóxico. Ourense, Setembro 2003.

volver a búsqueda