Xacemento As Airas

mapa ficha

Referencia:

020114

Nomenclator:

3201206

Coord. UTM:

x: 606720 y: 4649378

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

NOCEDO

Lugar:

Nocedo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento  As Airas

Descrición:

Por riba da aldea de Nocedo, collendo a estrada que se dirixe a Nóveas, na primeira curva á dereita atopáse o  lugar das Airas. Trátase dun pequeno rechairo situado nunha ladeira. Del só se conserva un sarcófago escavado na rocha. Existen referencias da presenza de máis sarcófagos no lugar, destruídos ou tapados cando se fixo a remodelación da aira de mallar.
 
O sartego conservado escavouse na rocha, presenta forma antropomorfa con cabeceira marcada e corpo ovalado. Oriéntase en sentido Norte-Sur, coa cabeceira ao Norte. Presenta as seguintes dimensións:
         
                    - lonxitude: 1´75 mts.
                    - anchura: na cabeceira 0´30 mts.
                                     no centro 0`54 mts.
                                     nos pés 0´23 mts.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012007.

volver a búsqueda