Conxunto de tres canastros

mapa ficha

Referencia:

030005

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59251400 y: 465142400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de tres canastros

Descrición:

O conxunto está formado por tres hórreos, un mixto e dous de madeira.Dous deles están dispostos case en paralelo e o terceiro nunha leira moi preto.  O canastro mixto consta de oito pés, que dispostos en parellas soportan catro mesas rectangulares con terminación circular nos lados menores. A cámara, cunha estrutura de pedra, cérrase nos seus lados costais por tres tramos de doelas de madeira separados entre sí por columnas de pedra e dispostas en posición vertical. O lado penal posterior péchase con doelas das mesmas características e disposición, e o anterior resérvase para a porta de entrada á camara. No pinche unha inscrición coa data de realización da obra: 1935. Cuberta a dúas augas con tella francesa. Nos outros dous canastros, en ámbolos casos o soporte son tres mesas apoiadas en tres pares de pés. Nun dos canastros os pés están recubertos de cemento, neste utilízase unha cuberta a duas augas con tella francesa e no outro caso como material de cuberta emprégase tella romana.

volver a búsqueda