Conxunto de tres canastros

mapa ficha

Referencia:

030029

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59233200 y: 465098900

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de tres canastros

Descrición:

Conxunto de tres canastros de madeira, dous deles de similar estrutura e un terceiro de menor tamaño. Este último consta de catro pés sobre os que repousan outros tantos tornarratos de forma circular. Este entramado serve de soporte á grade, así como ó cerre da cámara que se realiza mediante doelas colocadas en posición horizontal, e unidas entre sí a través de faixas verticais interiores. Este procedemento é o empregado nos lados costais e nun dos lados penais, o outro resérvase para a porta de entrada. As padieiras están reforzadas por dúas columnas de madeira no punto central do tullo.Cuberta a dúas augas con tella romana. Os outros dous bens responden á mesma tipoloxía. Como soporte empregan tres pares de columnas sobre as que descansan tres mesas rectangulares. Os corpos dos canastros péchanse a través de doelas colocadas en posición vertical e unidas a través de faixas. Nun dos casos a madeira preséntase en cor natural, no outro aparece pintada de cor marrón. As portas de acceso en ambos casos canstan de dúas follas superpostas, a inferior de maior envergadura cá superior. Nun dos canastros a porta ten forma de arco rebaixado. Nos dous casos se cubren a dúas augas e mediante tella romana. Para salvar o desnivel da porta empréganse unhas escaleiras exentas de pedra.

volver a búsqueda