Referencia: |
030054 |
Nomenclator: |
3206202 |
Coord. UTM: |
x: 58981300 y: 465151000 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
PARADELA DE ABELEDA |
Lugar: |
Lobios |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
As catro parellas de esteos descansan sobre unha soleira pétrea formada por perpiaños e cachotes. Emprégase este elemento para salvar o desnivel de terreo sobre o que se asenta o ben. Enriba dos catro pares de pés outras tantas mesas serven de descanso a unha amplia cámara coa estrutura de pedra. O corpo péchase nos lados costais mediante tres panos de doelas separados entre sí mediante columnas. As doelas seguen unha disposición vertical e quedan unidas entre sí mediante cintas. O canastro conta con dúas portas de acceso á cámara, unha delas situada nun dos lados penais e a outra nun lado costal. Esta última non se puido situar no outro lado penal polo desnivel de terreo. Cuberta a dúas augas con tella plana. O canastro está situado nunha especie de aira onde en tempos deberon existen varias construccións deste tipo, aínda hoxe se evidencian restos de outros dous.