Referencia: |
030073 |
Nomenclator: |
3206201 |
Coord. UTM: |
x: 59343000 y: 465167600 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
SAN LOURENZO DE ABELEDA |
Lugar: |
Reboreda |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Fonte de cano cun muro composto por tres sillares sobrepostos rematando cun frontón triangular. No tímpano unha data recórdanos o ano de realización desta obra: "ANO 1968". Á marxe dereira da fonte preséntase un longo perpiaño en posición horizontal que fai as veces de pousadoiro. O cano a través do cal sae a auga está situado na parte superior do sillar inferior, esta auga verte directamente nun bebedeiro de cemento con forma de rectángulo. Dende aquí a auga pasa cara un lavadoiro neste caso tamén de forma rectangular. As paredes do mesmo son de cachotería, que nalgunhas partes queda á vista e noutras está revestida de cemento. Coroan estas paredes as pedras de lavar lixeiramente inclinadas cara o interior do lavadoiro. Para cubrir este complexo -en realidade o que queda cuberto é o lavadoiro- levantáronse varios piares de formigón nos que se apoiaron as madeiras e o fibrocemento do tellado.