Referencia: |
030122 |
Nomenclator: |
3206201 |
Coord. UTM: |
x: 59427846 y: 465227756 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
SAN LOURENZO DE ABELEDA |
Lugar: |
San Lourenzo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Seis pés con outros tantos tornarratos con forma de roda serven de apoio a unha grade coas padieiras notablemente desgastadas polo paso do tempo. O corpo do canastro péchase mediante tres paneis de doelas colocadas verticalmente. As doelas están unidas a través de faixas e debaixo destas uns balaustres cravados en diagonal serven de reforzo para a unión entre doelas. A cámara precisa de varios soficos de apoio para manterse en pé. Cuberta a dúas augas con tella curva, faltando varios tramos de tella.