Os fornos - Forno telleiro

mapa ficha

Referencia:

030131

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59348218 y: 465346507

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións da produción industrial

Subtipo:

Telleira

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Indeterminado
Os fornos - Forno telleiro

Descrición:

Para acceder ata o lugar débese seguir pola estrada provincial OR-301 ata a altura das últimas casas do pobo de San Lourenzo, uns metros antes do punto kilométrico 14. Dende aquí en dirección norte parte unha pista asfaltada da concentración parcelaria que se a de percorrer ata chegar a un cruce con outra estrada asfaltada (leva a man dereita cara Xinzo de Limia e á esquerda cara ponte Linares). Neste cruce cóllese cara a esquerda, dirección Ponte Linares percorrendo uns 600 metros ata chegar a unha pista de terra (esta pista sería a terceira que hai dende o cruce que antes se mencionou). Por esta pista de terra percorrer uns 340 metros e dende aquí xa se accede ata os fornos que se atopan á man dereita deste camiño no medio dunha finca.
 
Dos fornos hoxe apenas se pode apreciar nada, xa que o seu emplazamento está cuberto dunha masa arborada e de maleza. De tódolos xeitos pódense albiscar dúas paredes laterais dunha construcción que están realizadas con pedra de cachotería asentada en barro. Nas fincas colindantes pódense ver numerosos fragmentos de tella curva. Segundo testemuñas do lugar, antes de facer a concentración parcelaria existía unha aira onde se deixaban a secar as tellas.

volver a búsqueda