Referencia: |
030174 |
Nomenclator: |
3206203 |
Coord. UTM: |
x: 59649100 y: 465225800 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA |
Lugar: |
Xocín |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Dúas parellas de pés que teñen man doutras tantas mesas de pedra, é o soporte que emprega este canastro. A cámara péchase nos seus lados costais a través de tres paneis de balaustres atravesados por faixas. A porta de entrada á cámara atópase nun dos lados penais, se nun principio estaba formada por dúas follas sobrepostas, na actualidade as dúas follas foron unidas ó cravárselle unhas táboas en sentido vertical. O corpo e a cuberta do hórreo para manter a estabilidade refórzanse con dous soficos nun dos lados costais. Cuberta a dúas augas con tella curva.