Referencia: |
030235 |
Nomenclator: |
3206204 |
Coord. UTM: |
x: 59488400 y: 465266600 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
PORQUEIRA |
Lugar: |
Fontemoura |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira en bo estado de conservación, foi trasladado a esta finca particular hai poco tempo, xa que o seu emprazamento orixial atopábase na praza do pobo. Como soportes conta con seis pés, sobre as dúas parellas de esteos dos extremos repousan dúas mesas de pedra e enriba dos pés do medio descansan dous tornarratos en forma de roda. A cámara péchase nos lados costais con tres paneis de doelas de madeira vernizada. As doelas colocadas en posición vertical trábanse entre sí mediante cintas. A porta de acceso atópase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella curva.