Referencia: |
040197 |
Nomenclator: |
3206703 |
Coord. UTM: |
x: 593917 y: 4665431 |
Concello: |
Rairiz de Veiga |
Parroquia: |
GUILLAMIL |
Lugar: |
Nigueiroá |
Tipoloxía: |
Representacións Rupestres |
Tipo: |
Petroglifos |
Subtipo: |
Petroglifo |
Etapa Histórica: |
Idade do Bronce |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Xacemento formado por tres combinacións circulares, gravadas en tres rochas diferentes do mesmo afloramento rochoso de penedos redondeados e moi diaclasados, os cales dominan unha extensión de brañas.
Motivo 1, de 60 cm. de diámetro, presenta catro combinacións de círculos concéntricos con cazoleta central e cinco máis dispersas polos surcos: no segundo círculo unha cazoleta de 3,5 cm.; no terceiro círculo, dúas de 4 cm. e sete cm. e por último dúas máis 3,5 e 4 cm. entre os dous últimos círculos concéntricos. Hai dúas liñas rectas, unha liña que arrancando do círculo central atravesa todos os outros círculos e outra que sae do segundo círculo e enlaza con outra liña que logo se bifurca.
Motivo 2, de 46 cm de diámetro, presenta 4 combinacións circulares con cazoleta central, cunha distancia de 5 cm desde o centro ao primeiro círculo, 3 cm desde o primeiro ao segundo e entre os dous últimos círculos.
Motivo 3, de 36 cm de diámetro, presenta cazoleta central de 5 cm de diámetro e dous círculos concéntricos, cunha distancia de 5 cm entre a cazoleta e o primeiro círculo e de 4 cm entre o primeiro e segundo.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario de Xacementos Arquolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de Identificación: GA 32067010
-Catálogo de Bens Culturais do PXOM de Rairiz de Veiga.. Nº de Ficha: X_010