Par de canastros

mapa ficha

Referencia:

040421

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 593809 y: 4656525

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Penelas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Par de canastros

Descrición:

Aira situada a 30 m. da "Aira da Fonte". Conserva dous canastros de madeira, o primeiro, situado aos pes dun palleiro, é de boa ventilación: apoia dúas cepas en dous soleiras altas, cunha cámara de balaústres verticais, dúas faixas no mesmo senso e unha horizontal de reforzo. Ten porta nun dos penais, a que se accede por medio dunha escaleiriña de madeira.
 
Un segundo canastro, situada máis baixo, apoia en catro pares de esteos de sección cadrada, con tornarratos lonxitudinais para cada par de pés, que serven de base a unha cámara de madeira con balaústres verticais, tres faixas nese mesmo senro e unha horizontal, a cal serve de reforzo, xunto con puntais de madeira que desde os costais, apoian nos tornarratos.

volver a búsqueda