Igrexa Parroquial de San Xoán

mapa ficha

Referencia:

040490

Nomenclator:

3206706

Coord. UTM:

x: 596609 y: 4659857

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

RAIRIZ DE VEIGA

Lugar:

Rairiz de Veiga

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Neoclásico
Igrexa Parroquial de San Xoán

Descrición:

Igrexa de planta rectangular con capela adosada e presbiterio destacado en alzado. Os muros son de perpiaño e a cuberta do presbiterio é moderna, rematada nunha linterna e enmarcada por catro pináculos nos ángulos. Na fachada, porta de arco de medio punto sobre impostas e xambas estriadas; encadrada por pilastras acanaladas e coroada por frontón. Nas enxutas, medallóns coas imaxes de San Pedro e San Pablo. Sobre a Portada, fornela avenerada coa imaxe de San Xoán Bautista.
 
No seu interior pode distinguirse a obra de Francisco de Moure e do seu taller. O retablo e algunhas das imaxes como: o San Xoán Bautista do retablo maior, San Antonio de Padua, San Pedro y San Pablo, e un San Xerónimo, todas elas de gran tamaño. Tamén poden atribuírse a Francisco de Moure, pola súa calidade artística: o San Miguel, San Roque Santa Catalina, Santiago o Maior e San Benito. En canto aos relevos é probable que sexa autoría do seu taller.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-GONZÁLEZ PAZ, J.,  "Nuevas esculturas de Moure", enCuadernos d e Estudios Gallegos., XXV, p. 126.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico. Madrid, 1979.

volver a búsqueda