Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

050001

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60090841 y: 466299350

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Cerredelo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Forno comunal en bo estado de conservación. Presenta pranta rectangular, as paredes están feitas en pedra de cachotería cun ancho e refundido encintado de cemento gris. Na portada principal aprécianse dous vans alintelados, un correspondente á porta de acceso é o outro é unha ampla fiestra. Sobre o lintel da fiestra, unha modernas letras informan do actual uso do forno comunal: "CENTRO S. E CULTURAL". A pesares deste novo uso, no interior o forno propiamente dito atópase en bo estado de conservación.
 
O edificio non hai moito tempo que foi remodelado, a pesares diso unha das paredes xa está practicamente invadida de hedras. A isto hai que sumarlle que a arboreda próxima -uns castiñeiros e uns loureiros- están a bater as súas ramas no teito, perxudicándoo seriamente. Cuberta a dúas augas de fibrocemento cuberto con tella curva.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-4

volver a búsqueda