Casa dos Francos

mapa ficha

Referencia:

050071

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60567200 y: 466600100

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Zadagós

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Grandes

Subtipo:

Casa Grande

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Casa dos Francos

Descrición:

Casa que consta de pranta baixa e primeiro andar. As paredes están levantadas a base de perpiaños irregulares, un dos muros é medianeiro coa vivenda que lle marxea. O máis sobresainte desta construción son as dúas grandes solainas que conserva, unha delas percorre toda unha fachada da casa e queda sen cubrir. Teñen man dela catro canzorros moldurados apoiados noutros tantos esteos de pedra, está protexida por unha varanda de ferro forxado. Nesta fachada presenta dous vanos, na pranta baixa unha porta de dúas follas e no primeiro andar outra porta que comunica o interior da vivenda coa solaina.
 
A segunda solaina ocupa un tramo da outra fachada e tamén está protexida por unha varanda de ferro forxado, está apoiada en tres canzorros dobres moldurados e un canzorro simple sostido por un esteo de pedra. Esta solución foi adoptada con posterioridade á construción da casa, pódese apreciar como neste lugar tamén había un canzorro doble pero ó romper unha das pedras optouse por reforzar a restante co esteo. Esta solaina queda resgardada da choiva xa que se prolonga a cuberta sobre a mesma. A fachada conta con catro vanos, dúas portas na pranta baixa -unha ó ras do chan e outra que se accede a ela mediante unha escaleira de tres chanzos-, e unha porta e unha fiestra no primeiro andar. Cuberta de tella romana.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-22
-Ficha del inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda