Referencia: |
050087 |
Nomenclator: |
3207703 |
Coord. UTM: |
x: 60422260 y: 466426600 |
Concello: |
Sandiás |
Parroquia: |
SANDIÁS |
Lugar: |
Castro, O |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Xacementos Indeterminados |
Subtipo: |
Xacemento Indeterminado |
Etapa Histórica: |
Indeterminada |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
O xacemento foi atopado durante a prospección do seguemento da construción da autovía das Rías Baixas A-52. Segundo a ficha do Planeamento Urbanístico do Concello de Sandiás atopárose artefactos de industria lítica tallada en cuarcita, sílex, cuarzo e cristal de roca. Isto fai atribuir á categoría do Paleolítico superior para este xacemento, no que os restos abundan máis canto máis se acerca un á aba do monte da torre, diminuindo cara á autovía.
Actualmente non se atopa ningún resto que evidencie tal atribución, nin os materiais citados foron depositados no MAPO se foron recollidos co que non pode darse ningunha atribución por nosa parte. Si en cambio se recolleu algún fragmento de tégula.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077006