Referencia: |
050088 |
Nomenclator: |
3207703 |
Coord. UTM: |
x: 60340313 y: 466225195 |
Concello: |
Sandiás |
Parroquia: |
SANDIÁS |
Lugar: |
Coalloso |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Vivendas |
Subtipo: |
Casa Vivenda |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
O pobo de Coalloso sitúase por encima da estrada nacional, existindo un desnivel importante entre un e outro, practicándose o acceso ó pobo a traveso dun camiño empedrado con perpiaños. Ó longo deste camiño existe un conxunto de casas con diferentes paramentos, pero aproveitando as súas paredes coma medianil. A que mostra un aparello máis coidado é a primeira delas. Realizado en perpiaño irregular pero ben concertado realizouselle un falso encintado simulando un corte máis regular dos bloques. O muro presenta pequenas bufardas no piso inferior mentres que no superior desenvólvese un balcón voado ó longo de toda a fachada con perpiaños en cuarto bocel con cima recta que descansan nunha ménsula corrida. En relación á fachada oeste pertencente ó mesmo edificio está mellor perfeccionada e acada unha maior altura debido ó desnivel existente. O seguinte edificio garda correspondencia co anterior, se ben retranquea a súa fachada con relación a aquel. Nos seus cimentos emprega a rocha aflorante e no paramento emprega perpiaños regulares. Cara ó sur abre un grande portalón no baixo e sobre el un balcón de idéntica factura ó anterior. Como acceso a este ten unha porta con un arco carpanel. Actualmente está sen cuberta. A construción que completa o conxunto presenta tamén unha balconada orientada cara ó sur, neste caso sobre canzorros dobles en cuarto bocel, que sosteñen perpiaños con moldura en cima recta dispostos transversalmente. A varanda sería neste caso de madeira, a diferencia das anteriores metálicas, conservando dúas columnas octogonais das usuais nesta zona.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-15