Capela de Santa Ana

mapa ficha

Referencia:

050099

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60353200 y: 466459500

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Santa Ana

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de Santa Ana

Descrición:

A mediados do século XVII, concretamente en 1652, otorga o seu testamento Dona María de Gándara, veciña da casa do Espido. Deixaba como disposición que os seus herdeiros lle tivesen unha serie de misas en diferentes igrexas e ermidas, entre elas cítase esta de Santa Ana (Libro 35.11.13, fol. 269). A documentación segue facendo referencia ó edificio ó longo do século XVII, en 1655 atopábase en bo estado de conservación (Libro 35.11.7, fol 98). Sen embargo pola visita pastoral de Outubro de 1676 mandaba o bispo en primeiro momento que os feligreses arreglaran a ermida nun prazo de seis meses, correxindo posteriormente esta orde "por que el Licenciado Don Phelipe de Santtana por su devocion se obligo de aderezarla; empezando la obra en el mes de maio del año que viene de setenta y siete  (Libro 35.11.7, fol. 42v). O mandato foi cumprido, xa que na seguinte mención da capela en 1694 xa se di que está con decencia (Libro 35.11.7, fol.80v). Así se foi conservando durante varios anos según se desprende das visitas parroquiais; Visita de 1696 (Libro 35.11.13, fol.225), visita de 1699 (Libro 35.11.13, fol.229), visita de 1709 (Libro 35.11.13, fol.231), visita de 1718 (Libro 35.11.13, fol.236), visita 1769 (Libro 35.11.13, fol.248), visita de 1805 (Libro 35.11.13, fol.251v). En 1832 dise que a capela nada ten para a súa fábrica e que a están sostendo os veciños. Atópase en bo estado e con mediana decencia (Libro 35.11.13, fol.257).
 
A ermida presenta pranta rectangular. Nas súas paredes aprécianse perfectamente que o templo foi realizado en dúas etapas. Os muros son de perpiaño, coroados os menores por topetes. A fachada é de gran austeridade, nela ábrese unha porta alintelada e dous vans moi estreitos, remata cunha espadana dun só oco con cornixa no arranque do arco. Coroa todo o conxunto cunha cruz latina pétrea. Cuberta a dúas augas con tella romana.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-6.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.O.U.
        Libro 35.11.13
        Libro 35.11.7

volver a búsqueda