Referencia: |
050100 |
Nomenclator: |
3207703 |
Coord. UTM: |
x: 60360500 y: 466460200 |
Concello: |
Sandiás |
Parroquia: |
SANDIÁS |
Lugar: |
Santa Ana |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Grandes |
Subtipo: |
Casa Grande |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Barroco |
Descrición:
Trátase dunha edificación resultado da conxunción de diferentes construcións e ampliacións ó longo do tempo. Está ligada á liñaxe dos Santana tal e como figura na lumieira da entrada principal, onde reza a seguinte inscrición: "AÑO DE MIL 790 / ESTA OBRA LA IZO EL SR DN TOMAS SANTANA I ARZE". Sobre este lintel disponse un emblema heráldico nun tímpano de medio punto con un castelo acompañado de dúas aguias ós lados. Esta peza, claramente reaproveitada, pode provir da cercana torre de O Castro. Enmárcase mediante volutas toda a composición.
Esta porta dá acceso a un patio interior que ordena a edificación, con un corredor ó que se accede por unha escada pétrea con pasamáns iniciado con unha moldura en orelleira. En torno a este patio desnvólvense as diferentes construcións, todas realizadas en perpiaño con diferente tratamento. O edificio estaría encintado, enmarcando os vanos con baquetón de ángulos acodados. Cara ó norte conta con unha cornixa pétrea e un dous balcóns voados, mentres que na fachada sur, debeu ser sustituida unha solaina por unha galería metálica.
Debido a que a propiedade do casa está fraccionada, iexisten diferentes diferentes tratamentos nos paramentos e volumes da construción.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-17