Xacemento do Montiño

mapa ficha

Referencia:

050101

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60332434 y: 466492074

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Santa Ana

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Montiño

Descrición:

Á entrada do pobo de Santa Ana localízase este pequeno castro dun só recinto protexido por un pequeno terraplén elipsoidal con dirección NW-SW. O interior do castro foi compretamente removido por unha escavadora, posiblemente para aproveita-lo terreo como areeira, o que afectou profundamente ó xacemento. Igualmente, neste mesmo sentido, unha canteira ou desmonte ameaza polo norte ó depósito ó estar lindante con el, incluso dentro do seu contorno de protección integral.
 
Superficialmente recóllese abundante cerámica castrexa pero bastante fragmentada, son cerámicas de pastas grosas e bastantes pezas decoradas con roleos. Así mesmo, dentro do xacemento existen dúas estacións con gravados de cazoletas. O primeiro conxunto cara ó oeste preto da pista da concentración pacelaria, conta con 9 cazoletas cóncavas de entre 6 - 7 cm de diámetro máis outras tres cazoletas distribuidas en outras dúas rochas. A segunda estación localízase no canto norte con outras 9 cazoletas á vista, contando coas mesmas características das rochas anteriores, é dicir, a penas se levantan do chan e a superficie é plana. Ó igual que o resto do xacemento, e tamén recentemente, víronse afectadas por un incendio o que provocou que por un lado se erosionasen e por outro que quedasen parcialmente semienterradas.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077017

volver a búsqueda