Igrexa parroquial de Santo Estevo

mapa ficha

Referencia:

050104

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60308146 y: 466332655

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Sandiás

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Renacentista
Igrexa parroquial de Santo Estevo

Descrición:

A Igrexa de San Estevo de Sandiás é un interesante exemplar de arquitectura renacentista das primeiras décadas do século XVI. O seu artífice foi o mestre canteiro Baltasar de Nosendo. É un dos mellores templos que se conservan na redonda, de feito xunto coa casa reitoral lindante fornan un conxunto arquitectónico de grande relevancia. A importancia do edificio, fixo que no seu momento fose tomado como modelo para a edificacón doutros exemplares. Así, cando pola visita pastoral de 1584 da igrexa de Xinzo manda o bispo que se reedicase a igrexa da vila, dicta "que sea ancha grande y espaciosa por la traza de la iglesia de Santisteban de Sandias que esta muy bien edificada  (Libro 17.7.1, fol.,33).
 
Unha vez levantado este interesante edificio, aínda conviviu certo tempo coa igrexa vella, así se desprende das visitas parroquiais de finais do século XVII; "yten mando que se pongan unas buenas zerraduras a las puertas de la iglesia bieja y la tengan siempre cerrada e limpia e los altares cubiertos con sus sabanas porque son sagrados y los defuntos se entierran en ella y no la abran sino fuere quando se dieere en ella misa y quando se anbubiere la procesion alderredor de la iglesia" (Libro 35.11.14./12., s,f,). Este texto está extraído dunha visita que non conserva data, pero en todo caso da década dos 70 do século XVI, porque a próxima é a de 1579, na que se volve insistir que se faga un gardapolbos para o altar maior co gallo de mantelo protexido.
 
As fontes documentais ata a actualidade apenas van facer referencia algunha relacionada con obras de cantería, xa que o edificio foi pervivindo practicamente inalterado ó longo dos anos dende o século XVI ata os nosos días.
 
Os feligreses da vila encomendáronlle a Aymon Pourchelet un retablo no ano 1603 cousa que non debeu sair adiante xa que o que se conserva na actualidade está documentado como obra do mestre Francisco de Moure (obra aceptada polo mesmo tamén no ano 1603) -VILA JATO, fol.39 e seguintes-.
 
Dende a visita parroquial do ano 1665, o bispo ven mandando que se faga un retablo colateral na honta de San Antón (Libro 35.11.7., fol.13v), así se volve repetir tres anos máis tarde (Libro 35.11.7., fol.16v) e de novo no ano 1669 (Libro 35.11.7, fol.19). Na visita de 1770 aparece reflexado que a obra se está executando (Libro 35.11.7., fol.25), pero dous anos máis tarde (Libro 35.11.7., fol.37v) a documentación revela o seguinte; "Yten por quanto su Ilustrisima esta ynformado que para hazer un retablo para un colateral de la yglesia se a dado asta ducientos reales a un maestro el qual no lo haze ni buelbe el dinero manda su Iustrisima se le notifique que dentro de quarenta dias pena de excomunion mayor.. .." entregue rematada o obra ou volva o diñeiro adiantado, de non ser deste xeito que o seu abade o evite dos oficios divinos. O proceso foise desenrolando con lentitude, de feito na visita parroquial de 1676 o retablo aínda estaba sen facer (Libro 35.11.7, fol.42v); "Ytem manda su Ilustrisima que Domingo marra escultor cumpla con la obligacion que tiene de hacer el retablo del altar de San Antonio de esta yglesia dentro de seis meses y no lo executando dentro de dicho termino, pague los docientos reales que le entrego el abad que es al presente, dentro de un mes". Nesta ocasión as verbas do bispo parece que foron escoitadas e a obra foi realizada. Non se sabe se a execución correu da man do escultor Domingo Marra ou foi outro compañeiro de gremio, o certo é que nas contas da igrexa dos anos 1678-1679 (Libro 35.11.7, fol.66) datase unha partida de 156 reais para rematar de pagar o retablo de San Antón.
 
Poucos anos máis tarde, na visita parroquial de 1687 (Libro 35.11.7, fol.60) o bispo encarga novas obras de escultura; "Ytem mando su merced que de los alcances de la cofradia de nuestra señora se haga un retablo de tres nichos para nuestra señora y los dos santos, y la nuestra señora que esta detrás de las ymagenes se acommode encima de dicho retablo de suerte que quede descubierta.. ..y los colaterales se alarguen hasta lo que coxen los retablos, y en proporcion a las peañas de avaxo".
Unha das poucas referencias documentais referentes a obras de canteiría aparece recollida no último tercio do século XVII (contas dos anos 1678-1679); "ciento y cinquenta reales de conponer la torre de las canpanas que se avia arruinado.". (Libro 35.11.7., fol.66). Xa a finais do século XVIII tivo un custo de 250 reais pechar a porta do coro e fortalecer a porta trabesa (Libro 35.11.13., fol.122v)
 
Nun templo desta envergadura non podía faltar arredor do seu adro un via crucis, foi encomendado no ano 1832 (Libro 35.11.13., fol.178); "Ytem es y se le admiten en datta doszientos setenta y siete reales que tubieron de coste las cruces del calvario.qese puso alrededor de la yglesia por ordenacion de su Ilustrisima sin incluir la manutencion de los canteros que soporto el señor abad de lo que hizo gracia a favor de la yglesia".
 
Unha vez rematadas as contas do ano 1855 lo libro de fábrica da igrexa aparece redactada unha nota aclaratoria do párroco (Libro 35.11.13., fol.202Vº) asinada en xullo de 1856. Na mesma expón que non aparecen datados unha serie de traballos porque se fixeron á súa costa, entre os mesmos destacan; "Primeramente mande componer el altar maior que estaba todo tuerto y destrozado y lo mande pintar que las dos cosas me costaron tres mil y treinta reales". "Ytem mande hacer el altar del glorioso San Antonio y por hacerlo y pintarlo me llebaron seiscientos reales".
 
O edificio está levantado a base de perpiaños de boa labra. Consta dunha nave rectangular que se prolonga nun presbiterio cadrado con bóveda de crucería. As paredes da nave divididas en tramos mediante os contrafortes que as afincan. A un lado da portada álzase unha maciza torre de campás. Na parte superior ábrense  unha serie de ocos con arcos apuntados e cornixa no arranque dos mesmos. A portada é deudora do manuelino portugués, cunha serie de columnas asentadas sobre complicadas basas e que se prolongan na súa correspondente arquivolta. Os baquetóns separados por unha moldura sobresaen e québranse dando lugar a cinco puntas, a central atópase sostendo unha imaxe pétrea de San Pedro e as catro restantes rematan nuns floróns. Presenta a igrexa outras dúas portas, unha delas sinxela e alintelada e a outra na mesma tónica da portada principal pero de maior sinxeleza. Chama a atención as diversas marcas que se atopan nos perpiaños da igrexa.
 
A Principios do século XVII (Libro 35.11.14/12., s.f.) o bispo concedía licencia ós veciños de Cardeita para que levantasen unha capela no seu núcleo. A documentación non fai ningunha referencia á existencia desta obra. Pola visita parroquial do ano 1611 o visitador foi informado de que o lugar de Cardeita ".. ..esta distante desta yglesia mas de media legua y que en tiempo de enbierno ay mucha cantidad de agua de manera que con dificultad se puede andar y quando ay algunos enfermos para yrle administrar los sanctos sacramentos desde esta dicha yglesia se lleban con mucha dificultad y se puede causar muy gran peligro. Para rremedio delo mando el dicho visitador que los becinos del lugar de cardeyta se animen luego azer una hermita en el dicho lugar en la parte que mas comoda sea y de la abocacion que mas debocion tubieren  y encargava y encargo a los mas feligreses desta feligresia les ayuden a azer la dicha hermita y la pongan con una ymagen del señor san rroque que se llebara una que esta en esta dicha iglesia estando hecha la dicha hermita tejada y maderada y con sus puertas y zerradura y hecho el altar y guarnecido.. .."
 
As fontes documentais veñen facendo referencia xa dende 1655 (Libro 35.11.7., fol.98) a unha capela baixo a advocación de San Nicolás na feligresía de Sandiás. Nesta data faise esta breve descripción do templo; "La otra es  la abocacion de San Nicolas y de nuestra Señora de las Niebes esta a la salida del lugar camino real para Monte Rey está esta faltosa el cuerpo de la hermita de texa, madera y puertas.. ..". Nas diferentes visitas pastorais nunca falta a referencia a esta ermida, sendo a última en citala a visita parroquial do ano 1805 (Libro 35.11.13., fol.251v) (nela mandaballe o bispo ós feligreses que a arranxasen ou senon que se derrubase, parece ser que se optou por esta última vía).
 
 
 DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-4.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 17.7.1
        Libro 35.11.7
        Libro 35.11.13
        Libro 35.11.14/12
 
BIBLIOGRAFÍA:
-DE JUANA LÓPEZ, J.: A Alta Limia. A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa, Ir Indo Edicións, Vigo, 1993, pp.100-101.
-VILA JATO, D.: "El retablo de Vilar de Sandianes, obra de Francisco de Moure", Liceo Franciscano, nº 91-93, 1978

volver a búsqueda