Referencia: |
050108 |
Nomenclator: |
3207703 |
Coord. UTM: |
x: 60300662 y: 466325219 |
Concello: |
Sandiás |
Parroquia: |
SANDIÁS |
Lugar: |
Sandiás |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Grandes |
Subtipo: |
Casa Grande |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Na rúa da igrexa sitúase este inmoble característico polas súyas dimensións e por algúns elementos que o xalonan. Con pranta en "L" na súa construción principal está feito en perpiaño de boa calidade sendo no piso superior de maior módulo. Os vanos limítanse ó piso superior, onde se abren fiestras arquitrabadas dispostas regularmente. No baixo as aberturas limítanse a pequenas bufardas. A pechada estrutura comprétase con un muro que rodea o patio aproveitado tamén interiormente para construcións adxetivas. Neste muro ábrense dúas portas de entrada un grande portalón cara o sueste con un topete e unha porta de a pé no lado contrario. Interiormente na fachada sur conta con un balcón con varanda metálica. Como se dixo o edificio describe unha pranta en "L" con un corpo rectangular que se alonga cara ó suroeste con outro de menor anchura. É nesta parte onde se erque unha cheminea rectangular troncopiramidal, no mesmo punto onde da fachada leste sae un cano vertedoiro. Coa función de evacuar tamén augas sucias debeuse construí-la letrina que se ve na fachada norte, recoñecible ó exterior coma un cubo prismático con unha bufarda na parte superior. Nesta fachada o edificio contou con unha estancia arrimada ata hai tres ou catro anos da que quedan as marcas de ter estado apoiada a cuberta.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-9