Referencia: |
050110 |
Nomenclator: |
3207703 |
Coord. UTM: |
x: 60302569 y: 466324347 |
Concello: |
Sandiás |
Parroquia: |
SANDIÁS |
Lugar: |
Sandiás |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
O conxunto, a unha cota lixeiramente inferior ó camiño, fórmano unha fonte de cano xunto a un lavadoiro na parte baixa. A cuberta é plan formada por perpiaños que desncansan sobre as paredes laterais e a cornixa. No frontal érguese sobre a cornixa un frontón apuntado. A fonte, pechada, desauga a traveso de dous canos circulares abertos na dianteira, dos que somentes surte hoxe un por medio dun tubo metálico de prolongación. A auga cae a unha pía rectangular enterrada no chan (enlousado con perpiaños) e de auí circula por unha canle cuberta ata o lavadoiro. Este, de estrutura irregular, está cuberto por un tellado de tella curva con uralita e pechado por un muro de perpiaño. O lavadoiro está igualmente feito en perpiaño.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-9