Fonte e lavadoiro

mapa ficha

Referencia:

050112

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60262792 y: 466313049

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Sandiás

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro

Descrición:

Ás aforas do pobo localízase a fonte e lavadoiro con unha cuberta de tella curva recén instalada que se soporta no lado norte mediante un muro de perpiaño e no lateral contrario por tres columnas cadradas con basa máis unha cuarta de dimensións reducidas. Polo oeste péchase por unha verxa, todo de nova construción. A fonte de cano está realizada en perpiaño con cuberta plana que sobresae lixeiramente da liña das paredes. Ten un único cano que desauga cara unha pía rectangular feita de pequenos perpiaños da que derrama directamente cara o lavadoiro. Este é rectangular feito en perpiaño coas pedras inclinadas para facilita-lo lavado.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-10

volver a búsqueda