Referencia: |
050113 |
Nomenclator: |
3207703 |
Coord. UTM: |
x: 60285444 y: 466322045 |
Concello: |
Sandiás |
Parroquia: |
SANDIÁS |
Lugar: |
Sandiás |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Vivendas |
Subtipo: |
Casa Vivenda |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Trátase dunha casa vivenda de construción exenta relacionada coa estrada nacional de tal modo que adapta a súa pranta á liña que lle ven marcada por esta. Así, sendo a súa pranta rectangular non forma ángulos rectos perfectos. Está construída en perpiaño moi ben labrado e concertado e aínda que se atopa arruinada e perdeu prácticamente todo o piso superior, todavía son recoñecibles tres portas cos seus correspondentes balcóns de varandas metálicas en xogo con outras tantas portas no baixo. Un balcón volado máis ábrese na fachada sur de maiores proporcións cos anteriores mais sen ocupar totalmente a fachada. Seguindo a liña dos balcóns unha imposta rodea o edificio marcando a división entre o piso superior e o baixo. Neste, o espazo entre portas cúbrese con unhos bancos pétreos.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-12