Casa 2

mapa ficha

Referencia:

050114

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60286502 y: 466326187

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Sandiás

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Indeterminado
Casa 2

Descrición:

En torno á estrada de comunicación N-525 fóronse construíndo diferetentes edificacións mostra da maneira de construir e do tipo de urbanismo do momento. Polo xeral a súa liña de fachada adáptase á marcada polo curso da estrada. Evidencia disto é esta edificación. A casa conta con planta rectangular, alongada cara a parte traseira con numerosos ocos na fachada abertos baixo arco carpanel, na principal enmarcados por moldura igualmente en carpanel cos extremos flexionados. Son en total tres as portas por piso abertas na cadrados, contando con unha varanda metálica no piso superior e ós lados da central dúas pías cónicas estriadas. Unha das portas do baixo foi convertida en fiestra, xusto ó contrario que lle sucedeu a unha porta de aire aberta no muro sur. A cuberta de tella plana é a catro augas. O patio da casa péchase con un muro de perpiaño con dous piares de sección cadrada. Á vivenda fóronlle añadidas dúas construcións máis polos lados norte e sur que non debía figurar no plan orixinal da casa.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-11

volver a búsqueda