Casa 3

mapa ficha

Referencia:

050115

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60287763 y: 466331162

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Sandiás

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Indeterminado
Casa 3

Descrición:

Seguindo a liña da estrada N-525 edificáronse unha serie de vivendas mostra do tipo de urbanismo e construción dun momento dado. Unha das construcións que segue este modelo é a presente marcada por abrir numerosos vanos na súa fachada principal en muros de perpiaño moi ben labrados e concertados. No baixo unha porta central con dúas fiestras a cada lado coa posibilidade de converterse en porta (non é descartable que funcionasen como tal) o que posibilita que a estancia sexa empregada coma negocio. Con cada oco no baixo correspóndese outro no piso superior, configurado por unah porta que dá acceso a un balcón volado, con moldura en cuarto bocel e listel, e varanda metálica. A simetría rómpese no lado esquerdo do espectador onde se corta o muro, restando un espazo que nun principio debeu ser aberto, e posteriormente pechado e ampliado con unha galería de madeira. A serie de portas e balcóns vólvese repetir na fachada norte, coroándose con cornixa en cuarto bocel con listel e cuberta a catro augas de tella curva.   
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-10

volver a búsqueda