Casa tradicional 2

mapa ficha

Referencia:

050117

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60293188 y: 466305162

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Sandiás

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Casa tradicional 2

Descrición:

Trátase dun conxunto de edificacións articuladas en torno a un patio de altos muros no que se atopa embutida unha inscrición  nun perpiaño parcialmente roto que en letras maiúsculas di o seguinte: ESTA OBRA MANDO H / ZER ISABEL SUAREZ / DE PUGA OTe DE 17 (Esta obra mandou facer Isabel Suárez de Puga, outubro de 17..).
 
Unha primeira construción é a pegada ó camiño que xunto a unha estancia auxiliar foi remodelada recentemente e habilitada coma centro social. Está construída en cachotería no baixo con únicamente unha pequena bufarda como vano na fachada que dá cara á rúa, mentres que no interior do patio presenta un grande portalón. No piso superior emprégase o perpiaño conta con un balcón volado sobre perpiaños moldurados con varanda metálica ó que se accede por dúas portas abertas no muro. Outro balcón volado sitúase na fachada sur ocupando únicamente o ancho da porta. A casa accedese a traveso dun patín.
Ó carón desta casa existe outra tamén de pranta rectangular construída en perpiaño irregular que ten coma elemento máis destacado un balcón volado, ó longo de toda a fachada sur, sobre combinación de canzorros dobres e apoiados sobre pilastras.  No remate da construción na esquina sueste arrinca un muro que envolve toda a finca con un grande portalón de entrada cuberto.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-7

volver a búsqueda