Referencia: |
050120 |
Nomenclator: |
3207703 |
Coord. UTM: |
x: 60301401 y: 466283121 |
Concello: |
Sandiás |
Parroquia: |
SANDIÁS |
Lugar: |
Sandiás |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Xacementos Romanos |
Subtipo: |
Xacemento Romano |
Etapa Histórica: |
Época Romana |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Díez Sanjurjo fala deste lugar ó face-la descrición do trazado que recorría a Vía Nova, en concreto menciona a aparición de "tejas, ladrillos y piedras labradas: proxima a la carretera hemos visto una basa de columna de granito" e sitúa o lugar no "ángulo SE de los cuatro que la vía forma con la carretera de Villacastín a Vigo al cruzarla en el poste miriámetro 520". No recoñecemento efectuado por Segundo Alvarado, Juan Carlos Rivas e Tomás Vega para a súa descrición da Vía atoparon a zona xa moi modificada e somentes algúns "trozos de tégula entre escombros, un buen sillar romano con almohadillado reticulado, pero ya en la margen de la carretera nacional, en plena recta hacia Xinzo". Nos recoñecementos posteriores xa non se evidencia ningún tipo de resto e as sucesivas ampliacións dun almacén de materiais de construción contribuiron á destrución do xacemento.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077REF-5
BIBLIOGRAFÍA:
ALVARADO BLANCO, S.; RIVAS FERNÁNDEZ, J. C.; VEGA PATO, T. La Vía Nova A Limia. Sus restos, trazado, mensuración y procedimiento constructivo. Anexo 16, Boletín Auriense. Museo Arqueolóxico Provincial Ourense, Ourense, 1992.
DÍEZ SANJURJO, M. Los caminos antiguos y el Itinerario de Antonino en la provincia de Orense. BCMO, tomo II, nº 42. Ourense. 1905. Pax, 319