Monte de Santa Marina

mapa ficha

Referencia:

050124

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60255783 y: 466489625

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Monte de Santa Marina

Descrición:

O túmulo sitúase nun lugar elevado preto do monte coñecido como Pendón de Santa Marina. Actualmente edificouse xusto ó carón polo lado oeste e o espazo ó seu redor é utilizado como campo de tiro. A mámoa non destaca excesivamente na paisaxe non acadando o metro de altura con respecto ó enntorno. As súas dimensións tampouco son moi grandes de aproximadamente 12 m de diámetro. Ten un cráter de violación central e sobresae un posible esteo da cámara uns 60 cm do chan en posición inclinada. Preto del vese outra pedra que debeu ser arrimada para facer de asento.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077014

volver a búsqueda