Capela de Santa María Madalena

mapa ficha

Referencia:

050127

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60383431 y: 466357007

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Pegas, As

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Capela de Santa María Madalena

Descrición:

No ano 1652 Dona María Pérez de Gándara veciña da casa do Espido outorgaba o seu testamento ante o escribano Francisco Fernández. Este documento recollía a seguinte disposición: "Y es declarazion y mi voluntad, de que si mis herederos hizieren una hermita de Santa María Magdalena de que tuve devozion que la dicha capilla semanaria que assi dejo fundada del lunes ó viernes de cada semana se cumpla con decirlas en dicha hermita (Libro 35.11.13., fol.269). Sen embargo o desexo da difunta tardou varios anos en cumprirse xa que a capela da Magdalena do lugar das Pegas non aparece citada na documentación ata 1718 (Libro 35.11.13., fol.236Vº), decindose que non conta con ningunha renta.
 
Dende que se levantou o templo non tardou moito tempo en arruinarse, así é como se refiren as fontes a esta ermida no ano 1763; "...Hay en esta feligresia cinco capillas, que se hallan con las advocaciones de San Miguel, San Benito, San Nicolás, Santa Ana, y Santa Maria Magdalena, todas se hallan decentes a excepcion de la ultima, que esta mui indecente, y es de Don Josef Sotelo de Sorga (Libro 35.11.13., fol.8Vº). Seis anos máis tarde, na visita parroquial de 1769 (Libro 35.11.13., fol.248) o estado da capela era exactamente o mesmo que o que se redactou con anterioridade.
 
Coa entrada do século XIX parece que a cousa cambia, así na visita parroquial do ano 1805 (Libro 35.11.13., fol.251Vº) mándase que se arranxen as ermidas que se atopan en mal estado de conservación, pero entre elas non se atopa a de Santa maría Magdalena. Na visita de 1832 (Libro 35.11.13., fol.257) xa se indica que o edificio está en bo estado. Sen embargo as tornas volven cambiar cara mediados de século, así, no ano 1856 a documentación recolle a seguinte referencia: "Tambien visitó su Ilustrisima personalmente la hermita capilla de Santa Ana en el lugar del propio nombre, y el devoto santuario de San Benito de la Uceira, asi como la pequeña capilla de San Miguel de coalloso y la de Santa Maria Magdalena de la casa de Espido en el lugar de las Pegas concediendo en unas y otras cuarenta dias de indulgencia.. ..y atento a que la ultima necesita adecentarse cual corresponde; el Parroco oficiará al efecto al señor de la Casa de Espido escitando su religioso celo para que en el preciso termino de dos meses la repare y adecente como es debido recordandole al propio tiempo el descubierto en que se halla del cumplimiento de las cargas de su fundación y si no contestase correspondiendo como es de esperar en el termino prefijado, se hara saber a los vecinos de las Pegas y su inmediación que a su cuenta la pongan corriente; quedando en tal caso, de ahora para entonces declarada de su libre uso la mencionada capilla de Santa Maria Magdalena. Por cada limosna que contribuyan para su reparacion y sostenimiento, les concede su Ilustrisima cuarenta dias de indulgencias (Libro 35.11.13., fol. 263). Os donos da capela deberon atender os mandatos do bispo xa que o edificio aínda pertence hoxe en día á familia do Pazo do Espido.
 
A capela atópase como edificio independente da casa grande na súa parte posterior. Trátase dun pequeno edificio de pranta rectangular coas paredes levantadas a base de perpiaños de boa labra. Nunha das paredes dun dos lados maiores apréciase labrado un escudo de armas. Na fachada ábrese a porta alintelada que da acceso ó templo, protexendo a entrada un pequeño pórtico apioado en dúas columnas dóricas. Cuberta a tres augas con tella curva.
 
O protagonismo da capela quedou mermado con motivo da feitura dun conxunto de construcións auxiliares que se adosaron a dous dos seus lados.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro 35.11.13.

volver a búsqueda