Xacemento da Via XVIII: Campo da Lama

mapa ficha

Referencia:

050131

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60179622 y: 466079398

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Vilariño das Poldras

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións do territorio

Subtipo:

Vía Romana

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Via XVIII: Campo da Lama

Descrición:

A vía romana XVIII do Itinerarium Antonini  tamén chamada Via Nova era a encargada de comunicar Bracara Augusta (Braga) con Astúrica Augusta (Astorga). Na comarca da Limia aínda son visibles algúns restos do trazado desta obra romana. Estase a falar do tramo que comprende entre Ponte Liñares e Sobradelo, atravesando A Sainza, Vilariño, Vilar de Santos, Sandiás, Casasoá e Busteliño.
 
O trazado desta vía romana, é un dos mellores coñecidos de cantas se ten constancia en Galicia. Desafortunadamente moitos dos tramos da calzada perdéronse, pero outros deles consérvanse con bastante decencia ou téñense indicios bastante claros do seu decorrer. Deste xeito pódese reconstruír un trazado bastante aproximado da obra.
 
No caso concreto de Sandiás, a calzada atravesa o concello pola metade, coa dirección SW a NE. Vai bordeando a Lagoa da Antela polo W, pero sen achegarse demasiado á súa beira. Debido á qie é unha zona de chaira con fondo areoso, a vía foi realizada en terraplén sobre unha base de pedras. Estes terrapléns son coñecidos entre os paisanos do lugar co calificativo de "lombos ou lombas", esta é a única evidencia que queda da obra ademáis dos miliarios. A vía parece que estaba bastante ben conservada ata acometer as obras de desecación da lagoa, aféctandolle tamén notablemente as obras da concentración parcelaria a as correspondentes pistas de comunicación entre parcelas.
 
A vía entra en Sandiás polo SE de Vilariño das Poldras, por debaixo do pazo de O Penedo. Descorría cruzando a estrada C-531 Xinzo-Vilagarcía. Neste lugar existe un punto de reducción de milla, en concreto no lugar que os veciños coñecen como O Campo da Lama. Neste lugar no ano 1995 foron descubertos en óptimo estado de conservación tres miliarios, dous deles anepígrafos e un relacionado cos emperadores Maximino e Máximo. Encargábanse de marcar a milla LXVII dende Braga. Neste lugar é ben visible o trazado da vía, apreciándose un pequeño lombo nunha finca próxima. Dende aquí a vía continuaba cara Couso, pasando polo leste do núcleo e deixando á esquerda o visible pazo de O Telleiro. No lugar coñecido como a Rodeira das Antas foi atopado un miliario adicado ós emperadores Treboniano e Volusiano. Non sendo este pequeño tramo de camiño, a vía permanece prácticamente irrecoñecible entre Couso e Sandiás. En Sandiás seguía polo pobo, que coincide coa descripción e distancia da mansión "Geminas ou Geminis" onde apareceron restos romanos. Seguía recta polo W do outeiro da Torre de Sandiás, salvando os terrenos máis pantanosos. En Santa Ana viraba un pouco cara o NE para dirixirse polo sur do pobo de ladeira cara Corga e Zadagós (atopándose sendos miliarios) en liña recta. O camiño abandonaba xa o actual concello de Sandiás para adentrarse en Xunqueira de Ambía.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-ALVARADO BLANCO, S., RIVAS FERNÁNDEZ, J. C., VEGA PATO, T.: "La Vía Nova en a Limia", Boletín Auriense,  Anexo 16, Ourense, 1992.
-ALVARADO BLANCO, S., RIVAS FERNÁNDEZ, J. C., VEGA PATO, T.: "La Vía Romana XVIII (Via Nova) revisión de su trazado y mensuración", Boletín Auriense,  Anexo 25, Ourense, 2000.
-BLÁZQUEZ Y DELGADO-AGUILERA, A.: "Vía romana de Braga a Astorga por la provincia de Orense", Boletín de la Real Academis de la Historia, LXXII, Madrid, 1918, pp. 5-24., Tamén no Boletín Boletín Comisións de Monumentos Orense, IV, nº 121-123, Ourense, 1918.
-CAAMAÑO GESTO, J.M.: La vía nº 18 del Itinerario de Antonino a su paso por la actual provincia de Orense, Tesis Doctoral, Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, 1976.
-CAAMAÑO GESTO, J.M.: As vías romanas, Cadernos do Museo do Pogo Galego, 3, Santiago de Compostela, 1984.
-DIEZ SANJURJO, M.: "Los caminos antiguos y el Itinerario de Antonino en la provincia de Orense", Boletín Comisión Monumentos Orense, II-III, Ourense, 1904-1906.
-RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: "La red viaria romana del Sudeste de Galicia", Hispania Antiqua, IV, Valladolid, 1974, pp. 225-314.
-RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia Meridional Romana, Universidade Deusto, 1977.

volver a búsqueda