Referencia: |
060001 |
Nomenclator: |
3207801 |
Coord. UTM: |
x: 61527218 y: 466493928 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
BRESMAUS |
Lugar: |
Bresmaus |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Trátase dun canastro de madeira levantado sobre dous pares de esteos prismáticos, de maior anchura na base e con anacos de plástico atados na parte superior para evitar a subida dos ratos. Uns tornarratos rectangulares cos laterais semicirculares e rebaixados serven de apoio á cámara de madeira. Esta presenta porta nun dos penais, doelas verticais enlazadas por unha faixa horizontal e outra perpendicular nos costais, cuberta a dúas augas con armazón de madeira e tella curva. A cámara está reforzada con puntais apoiados nos tornarratos.