Referencia: |
060004 |
Nomenclator: |
3207801 |
Coord. UTM: |
x: 61536196 y: 466494283 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
BRESMAUS |
Lugar: |
Bresmaus |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira de grandes dimensións, cimentado nunha soleira de cachotería e levantado sobre catro pares de esteos prismáticos coa base inferior máis ancha, de factura desigual e de seccións troncopiramidais e cadradas coas arestas achafranadas. Sobre eles dispóñense tornarratos lonxitudinais, de sección rectangular cos laterais semicirculares e, sobre un dos pares de pés centrais, tornarratos circulares. A cámara é de madeira e está dividida interiormente. Presenta portas nos dous lados penais (aínda que só se conserva nun deles) e nun dos costais. Ao contrario das portas, realizadas con táboas horizontais, os costais están compostos por doelas verticais enlazadas por faixas horizontais e en cruz. A cuberta ten armazón de madeira e tella curva. Varios puntais apoiados nos tornarratos reforzan a cámara.