Referencia: |
060007 |
Nomenclator: |
3207801 |
Coord. UTM: |
x: 61529425 y: 466485916 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
BRESMAUS |
Lugar: |
Bresmaus |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Reitorais |
Subtipo: |
Casa Reitoral |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Trátase dunha edificación que se desenvolve en torno a un patio central, cerrado ao Norte e ao Sur pola vivenda e as construcións auxiliares, respectivamente, e ao Leste e Oeste por dous muros de perpiaño con cadanseu portón. Na entrada principal, a Leste, e sobre o portón, dispónse un canastro do que tan só se conservan as cepas, os tornarratoss e as padieiras.
As dependencias da vivenda distribúense en dous corpos perpendiculares que, aínda estando separados, comparten o acceso á planta superior por un mesmo patín. O corpo dianteiro da edificación disponse en sentido L-O. Levantado con perpiaño de boa calidade, presenta cuberta a tres augas con tella francesa e curva e distribúese en dúas alturas. O acceso á vivenda realízase por medio dun patín de granito, situado na fachada Sur (no patio) e composto de escaleira e patamal, con varanda de ferro. A porta de entrada é de madeira con poxigo.
O outro corpo disponse en sentido N-S. Trátase dunha construción de planta rectangular, con muros de perpiaño concertado, dúas alturas e tellado con armazón de madeira a catro augas e tella curva. Un patín de granito, protexido pola prolongación do tellado e con varanda de madeira, situado no ángulo interior, dá acceso aos pisos superiores dos dous corpos.
No patio, pegado ao portón Oeste, exite un pozo con peitoril cadrado de perpiaño e cabalete pétreo superior para enganchar a roldana. Xunto a el, unha gran pía rectangular de granito. O alpendre e o palleiro sitúanse ao Sur, cerrando o patio por este lado. Estas construcións presentan muros de perpiaño na parte exterior e están abertas na interior, apoiándose o tellado deste lado, en grandes columnas cadradas feitas de perpiaño concertado. As cubertas teñen armazón de madeira e tella curva. No esquinal Suroeste disponse un forno de perpiaño, de frontal recto con lareira corrida, chapilé sobre dous canzorros e borralleira. Actualmente está á intemperie.