Referencia: |
060008 |
Nomenclator: |
3207801 |
Coord. UTM: |
x: 61528540 y: 466481915 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
BRESMAUS |
Lugar: |
Bresmaus |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Igrexas |
Subtipo: |
Igrexa |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Edificio exento de planta rectangular, con presbiterio destacado en planta e en altura, muros de perpiaño e cuberta a dúas e catro augas de tella francesa. Presenta fachada principal sinxela, con porta alintelada e espadana dun só corpo a modo de templete, con pináculos nos ángulos, e rematada con cruz sobre pirámide. Nas restantes fachadas dispóñense vans de iluminación rectangulares e abucinados.
Na cornixa da fachada Sur hai unha inscrición na que se pode ler: "IÇOSE SIENDO ABADDE D/ENRIQUE [ENRIQUE] ANO 17[57]". No adral albérganse numerosas sepulturas.
Nos libros de fábrica da parroquia, no ano de 1699, aparece como mandato que "se fabrique la capilla mayor que sea correspondiente al cuerpo de dicha Yglesia por afuera de piedra limpia y por adentro de mampostería [ .. ..] los feligreses careten la piedra [.. ..] y está obra tendrá principio para mayo que biene del año de setecientos" (Libro 45-5-4, folio 60).
BIBLIOGRAFIA:
- JUANA de, J., A Alta Limia . (A Terrra que medrou vencellada a unha Lagoa.). Ir Indo, 1993, p. 102.
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario del mobiliaio litúrgico de la diocesis de Orense.. Fundación Barrié de la Maza. Pontevedra, 1983, p. 255.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha del Inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico . Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
Libro de Fábrica 45-5-4 (1656-1809).